miércoles, 1 de julio de 2009

Dos 32 audis do parque móbil da Xunta, 29 foron adquiridos polo propio PP

“O PP está a dilapidar o patrimonio dos galegos malvendendo os audis do parque móbil que él mesmo comprou, só para xustificar a campaña electoral de Feijoo”

Dos 32 audis do parque móbil da Xunta, 29 foron adquiridos polo propio PP, e 19 destes sendo vicepresidente Núñez Feijóo. Dous deles foron incluso mercados cando o goberno que vicepresidía Núñez Feijoo estaba en funcións, en xullo de 2005”

Manuel Fraga mercou dous audis A8 blindados en menos dun ano, pagando 600.000 euros do 2002 por ambos (a mesma compra, hoxe, aplicando o IPC, serían 780.000 euros)

Santiago de Compostela, 1 de xullo de 2009.- A Portavoz e Secretaria de Coordinación, Acción Electoral e Política do PSdeG-PSOE, Mar Barcón, criticou hoxe a venda dos audis do parque móbil da Xunta que se realizará tras a súa aprobación mañá no Consello da Xunta, afirmando que con esta actuación o goberno de Núñez Feijoo está a “dilapidar o patrimonio dos galegos e galegas e malvendendo os vehículos que eles mesmos compraron só para xustificar a súa campaña electoral, e seguindo unha decisión tomada no laboratorio da rúa Génova”.

Mar Barcón chamou a atención sobre o absurdo da decisión que mañá tomará o goberno de Núñez Feijoo, cando é o mesmo goberno quen di que o coche blindado que utilizaba o anterior presidente da Xunta non poderá ser vendido por máis de 200 mil euros, segundo unha tasación que filtrou á prensa e que supón a metade do que custou. Alberto Núñez ten un coche novo, blindado e en perfecto estado de uso, pero prefire vendelo por moito menos do que custou para manter a súa “bravata electoral”. “Acabará mercando outro e blindandoo”, remachou.

Mar Barcón incidiu en que dos 32 audis que agora mesmo ten a Xunta, 29 foron adquiridos polo propio PP, e 19 destes sendo vicepresidente Núñez Feijóo, “incluído o A8 no que él mesmo viaxaba cando exercía este cargo e cando aínda non lle deran un coche gratis para pasear” engadiu Barcón, en alusión ao vehículo que lle prestou Citroen a Núñez Feióo e que utilizaba cando estaba na oposición. Ademáis, dos 29 vehículos de marca Audi adquiridos polo PP, dous foron mercados cando gobernaban en funcións, en xullo do ano 2005.

De feito, explicou Mar Barcón, o goberno anterior tan só mercou tres audis dos 32 que existen na Xunta de Galicia, mentres que diu de baixa cinco. Quérese decir que nin siquera repuxo todos os que deixaron de circular.

Barcón recordou que “en definitiva, van vender os coches que eles mesmos mercaron, simplemente por un malentendido exercicio de soberbia e para xustificar a súa campaña electoral”. Neste senso, a portavoz do PSdeG lembroulle a Feijóo que “a campaña rematou, gañou as eleccións, e agora o que ten que facer e gobernar e tomar decisións, en lugar de facer o paripé e buscar a foto, como está a facer agora”.

“Feijóo dedícase a mirarse a sí mesmo e actúa en clave partidista, seguindo os dictados da rúa Génova, xa que mentres estivo no goberno non tivo ningún problema de conciencia e de austeridade por viaxar en coche oficial, e lle chegou de pronto cando pasou á oposición”, recalcou Barcón.

A este respecto engadiu que para o PSdeG “a austeridade non se amosa malvendendo o patrimonio público ou recortando as axudas para os libros de texto” e recomendoulle a Feijóo que “si realmente quere ser austero, que o faga pechando a residencia pública de Monte Pío”, na que por certo dixo que nunca se instalaría, ou “baixando o seu salario e os dos seus conselleiros”, ou “ aforrando en festas como as que se fixeron nas tomas de posesión de altos cargos da Xunta”. Sin embargo, non se aplica a austeridade a sí mesmo, senón aos demáis, as familias privándoas das libros de texto gratuitos, aos emigrantes pechando as delegacións da Xunta en Bos Aires ou Montevideo, ou aos veciños de Vigo, Pontevedra, Lugo ou Carballo, non construíndo depuradoras, hospitais ou vías de alta capacidade.

“O que ten facer Núñez Feijoo e o seu goberno, se queren aplicar unha austeridade sincera e honesta co resto de cidadáns, é aprobar no Consello da Xunta de mañán unha rebaixa dos seus soldos, e non privar aos cidadáns dos libros gratuítos para os seus fillos”, explicou a portavoz dos socialistas galegos.

Barcón pediulle a Feijóo “que se faga digno do posto que ocupa como presidente dos galegos e galegas” e que se centre “no que afecta aos cidadáns, cos traballadores do metal manifestándose nas rúas e pedindo a mediación do goberno, coas familias esperando a ver cánto van ter que gastar nos libros dos seus fillos e coas institucións educativas esperando a que aclare o modelo do ensino”.

Para Barcón, “esta é a realidade que nos ocupa”, mentres que o debate aberto polo PP con respecto aos audis “ten ata certos tintes ridículos cando resulta que chegamos a falar de canto se gasta en pneumáticos ou reparacións dos coches”. “Un presidente ou un conselleiro gastará máis pneumáticos canto máis traballe”, matizou Barcón. A este respecto, a portavoz dos socialistas galegos expresou o seu desexo de que Feijóo “gaste moitos pneumáticos, xa que esto suporá que temos un presidente que percorre Galicia e está cerca dos cidadáns”.


Un saúdo. Gabinete de Comunicación PSdeG-PSOE


MATRICULA
MODELO
DATA MATR.
DATA BAIXA
PREZO

3489BRK
A6
21/01/1999
13/12/2008


4312BLT
A8
3/08/2000



1829BFB
A6
26/01/2001



7027BFF
A6
1/02/2001
17/03/2009


2737BLH
A8
12/07/2001
14/01/2008


3565BMY
A8
13/09/2001
BLINDADO
266.230 €

0412BNK
A8
28/09/2001



7429BPK
A6
12/11/2001



7149BPN
A8
16/11/2001



0164BXP
A6
27/06/2002



0199BXP
A8
27/06/2002



4385BXC
A6
5/07/2002



9193BXC
A6
5/07/2002



2714CBW
A8
14/11/2002
BLINDADO
331.157 €

5127CCV
A6
20/12/2002
5/11/2007


6763CHJ
A8
8/05/2003
7/10/2007


1937CLH
A6
6/08/2003



1942CLH
A6
6/08/2003



8026CLH
A6
7/08/2003



6711CLM
A6
18/08/2003



8298CLM
A6
19/08/2003



2320CLN
A6
20/08/2003



1411CLT
A6
29/08/2003



2652CLT
A6
29/08/2003



3800CMD
A6
19/09/2003



2953CMR
A6
8/10/2003



8311CMY
A6
22/10/2003



8599CMY
A6
22/10/2003



1860CYT
A6
29/07/2004



4092DFV
A8
27/01/2005



0113CFP
A8
5/03/2005



4726DJS
A8
25/04/2005



6503DMK
A6
1/07/2005



1341DND
A6
21/07/2005



6349FVV
A6
21/09/2007



6397FVV
A6
21/09/2007



6416FVV
A8
21/09/2007
BLINDADO
432.000 €

No hay comentarios: