miércoles, 18 de marzo de 2009

Resultados do programa "Fogares Verdes" en Compostela

Compostela, 18 de marzo 2009. FOGARES VERDES é un programa de educación ambiental no que, mediante visitas porta a porta, anímase a tomar medidas para reducir o consumo de recursos, nomeadamente auga e enerxía, a nível doméstico.

Durante o 2008, cincuenta fogares composteláns participaron nesta experiencia piloto.

Realizáronse tres visitas aos fogares por parte das educadoras explicando a importancia de ser comedidos no uso dos limitados recursos naturais do planeta. En canto aos resultados, conseguiuse unha rebaixa de entre o 6 e o 10% no consumo de auga e unha diminución media do 5,2% por fogar nas emisións de CO2. Noraboa e grazas a todos os/as participantes!

Durante a pasada xeira, traballáronse diferentes temáticas como o “consumo pantasma”, a rega, a iluminación, o lixo, a calefación, etc. En resumo, fíxose unha reflexión conxunta entre as familias pertencentes a esta rede de fogares conscientes sobre a importancia do papel individual na resolución dos problemas ambientais, nun intento por reducir a nosa pegada ecolóxica. Apropiamonos do lema “as conductas responsables benefician a todas/os”, compartimos coñecementos, partillamos métodos prácticos para disminuir o consumo enerxético e de auga e ao mesmo tempo reduciase o gasto económico de facturación.

En canto aos resultados de aforro conseguironse ós obxetivos plantexados de partida: Unha rebaixa de entre un 6 e o 10% no consumo de auga con respecto ao ano anterior, e unha diminución media por fogar dun 5,2% nas emisións de CO2.

Alén destes positivos resultados, conseguiuse tamén mudar algúns outros hábitos e práticas domésticas no camiño de acadar a eficiencia nos fogares. Como en calquer proceso, unha vez terminado é o momento das valoracións, de ver os aspectos susceptibles de mellora e de recopilar os frutos do traballo realizado.