sábado, 26 de enero de 2008

O GRUPO DE ECOLOGÍA CIENTÍFICA DE GALICIA “GECMA” CUMPRE 30 ANOS DEFENDENDO O MEDIO AMBIENTE E A CALIDADE DE VIDA.

A presidenta do Grupo de Ecoloxía Científica de Galicia, Nelly Pérez Giráldez, durante a reunión do traballo base para a realización do Programa do 30 aniversario, dixo que:

“Desde GECMA seguimos pedindo as autoridades que gobernen para a paz, o desenrolo sostible e a ecoloxía, porque ese é o futuro que necesita o planeta”

Redacción El Foro: Xaneiro de 2008.- “GECMA, coma un dos grupos pioneiros, quere facer un recoñecemento implícito ás orixes do ecoloxismo así como aos grupos e persoas que abriron unha nova vía para a reconciliación do home coa naturaza ( haí estiveron o principio de todo, xente coma Tito Giráldez, Pepe Torea, Xosé Manuel Alvarez, Xavier Pérez Tizón, …) GECMA dende o principio pretendeu abandeirar este tema de gran sensibilidade cidadá e de vital importancia para a vida no planeta, fomentando o asociacionismo que nos axude a realizar un desenvolvemento sostible da cidade de Vigo e de Galicia … e en xeral do planeta. Queremos ser solidarios a nivel global e para iso abriremos canles e mecanismos de participación social eficaz, contando con todos, para que os nosos estudios e acción política, realizados interdisciplinariamente, actúen horizontalmente porque sabemos que o desenvolvemento sostible afecta interadministrativamente ás distintas concellalías e administracións. A administración non pode permanecer inactiva -e por iso a empurramos, con protestas, de vez en cando-, ante o cada vez maior grado de protección medioambiental que demanda a sociedade en xeral e a viguesa en particular, vén obrigada a dar unha resposta eficaz e adecuada, que coordine a acción pública orientada á prevención e control da contaminación, á eficiencia dos mecanismos de xestión e ao fomento da participación cidadá.

O noso plantexamento entronca coa definición que se fai de desenvolvemento sostible dende unha perspectiva global-local (GLOCAL). Atraverso desta visión integrada pretendemos que o Concello de Vigo lidere o proceso de sostibilidade que hai anos debería haber feito. Para elo ha comprometerse o traballo de toda a organización municipal no desenvolvemento da sostibilidade dende os marcos de xestión e técnicos, e de democracia participativa que aparecen na Campaña Europea de Cidades Sostibles e nos compromisos da CARTA DE AALBORG e o modelo de xestión socioambiental das AXENDAS 21.

O Concello de Vigo, como cidade e entorno social e ambiental máis grande de Galicia e eixo da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, non pode deixar pasar o reto de desenvolver a súa propia estratexia de sostibilidade, con base na Axenda 21 Local, para que deste xeito poda conxugar o crecemento económico, social e político non só para os nosos fillos, senón tamén para os nosos netos e aquí quero decir que tanto o alcalde coma a concelleira teñen sensibilidade medioambiental..

Hoxe en día está plenamente asumido que un modelo de crecemento desenvolvista e incontrolado non é viable no tempo. Pola contra, o desenvolvemento ten que ser compatible coa protección e promoción do medio ambiente, definindo un modelo de desenvolvemento caracterizado pola sostibilidade.

Calquera proxecto debe permitir atender ás necesidades do presente sen poñer en perigo a capacidade das xeracións futuras para resolver os seus problemas. Por outra banda unha adecuada integración da política medio ambiental na acción política global, permite definir modelos de desenvolvemento a nivel local, integrando patrimonio histórico e natural.

Os membros do GECMA aspiramos a unha sociedade con maiores niveis de benestar, maior cohesión social e maior sostibilidade. Para conseguilo, apostamos por un modelo de crecemento económico equilibrado e duradeiro.

En GECMA temos unha visión integradora da relación do home co seu contorno. Creemos nas políticas de conservación de recursos e de eficacia enerxética orientadas a buscar o desenvolvemento sostible, sen poñer en perigo a renovación dos recursos”.

No hay comentarios: