viernes, 12 de septiembre de 2008

MEDIO RURAL DESTINA PRETO DE 9 MILLÓNS DE EUROS Á PRIMEIRA FORESTACIÓN DE TERRAS NON AGRÍCOLAS

A Consellaría vén de resolver esta orde de axudas, que pretende mellorar a situación actual do monte galego, co aumento da superficie forestal arborizada, a valorización dos terreos non agrícolas e a diminución do risco de incendios .

Finalmente aprobáronse 343 expedientes de axudas que permitirán a forestación dunha superficie total de 5.850 novas hectáreas en toda Galiza.


Santiago, 12 de setembro de 2008.- A Consellaría do Medio Rural distribuirá preto de 9 millóns de euros dentro da orde de axudas para a primeira forestación de terras non agrícolas, que vén de ser resolta estes días e cuxa resolución se lle está a comunicar aos 343 beneficiarios con solicitude aprobada. Mediante estas axudas -dirixidas a propietarios particulares ou agrupacións de propietarios, cooperativas agrarias, proindivisos, comunidades de bens, entidades locais, comunidades de montes veciñais en man común e outras persoas xurídicas-, preténdese promover a plantación de especies forestais en terreos non agrícolas. Deste xeito, auméntase a superficie forestal total arborizada e favorécese a diminución do risco de incendios, ao valorizarse terreos de aptitude non agraria que, en moitos casos, permanecen abandonados e con gran presenza de combustible vexetal. A contía das axudas, que inicialmente era de 8.000.000 €, ampliouse ao final ata os 8.983.330 € por causa das numerosas solicitudes presentadas, que foron preto de 1.000.

Finalmente aprobáronse 120 na provincia da Coruña, por valor de 1.440.795 euros; 162 en Lugo, por un importe de 4.446.940 euros; 34 en Ourense cun montante de 2.244.936 euros e 27 solicitudes en Pontevedra, con axudas por valor de 850.658 euros.

O importe da subvención por solicitante correspóndese, como máximo, co 80% do valor total do investimento no caso de proxectos de forestación en zonas desfavorecidas e co 70% no resto de Galiza.

Con esta liña de axudas, a Consellaría colabora no financiamento, en primeiro lugar, dos gastos de repoboación forestal e de creación e mantemento da área de defensa contra os incendios. Estas actuacións inclúen a preparación previa do terreo, a adquisición e protección das plantas e da plantación propiamente dita, mediante protectores e outros materiais necesarios, así como a creación da área de defensa contra os incendios forestais e os traballos posteriores de limpeza e desbroce da mesma. Tamén se inclúe como gasto subvencionable a prima de mantemento destinada ao coidado, conservación e demais traballos posteriores á plantación. Finalmente, esta liña de axudas tamén serve para sufragar a construción de infraestruturas de acompañamento ou obras complementarias das novas repoboacións, como son peches, aperturas e arranxos de pistas forestais e puntos de auga.

A aprobación por provincias e por tipo de solicitante destas axudas é a seguinte:

Aprobación

Prov. Tipo de solicitante Expedientes Superficie Importe
AC Agrupación de propietarios particulares 53 633,93 772.323
Comunidade de montes veciñais en man común 3 84,77 105.161
Proindiviso (varios copropietarios) 3 48,45 68.911
Propietario particular de xeito individual 61 382,16 494.399

Total 120 1.1149,31 1.440.795
Lu Agrupación de propietarios particulares 34 521,04 808.936
Agrupación de propietarios particulares legalmente constituida 4 99,61 157.850
Comunidade de bens 2 49,96 78.747
Comunidade de montes veciñais en man común 33 1.488,93 2.553.390
Proindiviso (varios copropietarios) 8 138,82 203.004
Propietario particular de xeito individual 81 465,59 645.010

Total 162 2.763,95 4.446.940
Ou 1 Agrupación de propietarios particulares 1 14,25 24.001
4 Comunidade de montes veciñais en man común 29 1.379,29 2.193.264
7 Propietario particular de xeito individual 4 17,97 27.670

Total 34 1.411,51 2.244.936
Po 1 Agrupación de propietarios particulares 9 147,72 208.517
4 Comunidade de montes veciñais en man común 9 333,18 580.843
6 Proindiviso (varios copropietarios) 1 9,90 12.291
7 Propietario particular de xeito individual 8 35,23 49.006

Total 27 526,03 850.658

GALIZA 343 5.850,80 8.983.330

No hay comentarios: