jueves, 24 de julio de 2008

O uso masivo e indiscriminado de herbicidas na AG-53, contamina as augas e degrada a biodiversidade






24 de xullo de 2008. Os ecoloxistas denuncian outro caso de emprego masivo de herbicidas para o rozado das vías de comunicación. Desta volta trátase da AG-53, a autoestrada Santiago-Ourense, de titularidade autonómica. Nesta vía, aplicáronse masivamente herbicidas para "limpar" de mato as cunetas e pasos mesmo chegando a carón do río de Santa Lucía, nos concellos de Compostela, Teo e Vedra. Como se observa nas fotografías, a vexetación aparece seca (co conseguinte risco de lumes) e o efecto dos produtos usados chega ao río, traspasando os químicos ao ecosistema. Toda a flora de ribeira foi arrasada e curiosamente só sobreviviron algunhas matas de herba da Pampa, unha especie invasora moi difícil de erradicar.

Toneladas de herbicidas tóxicos seguen sendo usadas para limpar de vexetación centos de kilómetros de estradas galegas. A lexislación vixente pemite esta práctica, pero iso non implica que sexa a millor para o ambiente. Quizás os responsábeis públicos deberían ser máis conscientes dos problemas ambientais que conleva o uso destas substancias

No hay comentarios: