lunes, 1 de junio de 2009

DAVILA PREGUNTA AO GOBERNO QUE VAI FACER COS TREITOS FERROVIARIOS ADXACENTES Á ESTACIÓN DE URZAIZ QUE ESTÁN EN DESUSO

A deputada do BNG reclama solucións para evitar que fiquen en estado de abandono e cita os treitos de Teis-Urzaiz, Canadelo ou o túnel de Alfonso XIII

Madrid, 1 Xuño 09. A deputada do BNG no Congreso, Olaia Fernández Davila, rexistrou unha iniciativa parlamentar na Cámara Baixa na que pregunta ao Goberno que plans ten para os treitos de ferrocarril adxacentes á estación de Urzaiz (Vigo) que están en desuso.

Davila sinala que diferentes obras no trazado de ferrocarril adxacente á estación de Urzaiz en Vigo, deixaron en desuso antigos treitos. “É o caso de treitos como o de Teis-Urzaiz, Canadelo ou o túnel de Alfonso XIII”.

“Van permanecer en estado de abandono? É consciente o Goberno das consecuencias que se poden xenerar desde o punto de vista da seguridade ou da salubridade? Non considera que se debería dar unha solución para evitar que fiquen en estado de abandono?”, son algunhas das cuestións que a deputada do BNG dirixe ao Goberno.

Nese sentido, quer saber se eses treitos se poderían recuperar e se considerou o Goberno a reversión dos mesmos ao concello de Vigo.

No hay comentarios: