lunes, 1 de junio de 2009

A INCOMPETENCIA DAS ADMINISTRACIÓNS SOCIALISTAS NO CONCELLO E NO ESTADO ESTÁN A PROVOCAR O ABANDONO DO CONTORNO DA PRAIA DA COMPOSTELA

Jesús Pérez Arca considera “impresentable” que a area chegue a mediados de xuño e que non se teña avanzado “nin un centímetro” na solución á situación do Balneario

• O responsable de Turismo do Grupo municipal do PP teme que “o macroproxecto para Rosalía de Castro anunciado a bombo e platillo sexa unha nova cortina de fume” e critica que Marcelino Abuín “teña a prepotencia de arrogarse o dereito de informar antes á prensa que aos membros da Corporación”.

Vilagarcía, 1 de xuño de 2009.- A incompetencia demostrada polas administracións socialistas no Concello de Vilagarcía e no Estado están a provocar o abandono do contorno da praia da Compostela, “un potencial que esta cidade non pode permitirse seguir desaproveitando”, segundo salienta o responsable de Turismo do Grupo municipal do PP, Jesús Pérez Arca. O concelleiro popular sublima que os vilagarciáns “asisten con preocupación á deriva, indefinición e falta de planificación do Goberno local en relación coas praias da Concha e da Compostela e co Balneario”.

En relación coa resposta á interpelación plantexada no último Pleno municipal, Jesús Pérez Arca considera “impresentable” que a area chegue a mediados de xuño e que non se teña avanzado “nin un centímetro” na solución á situación do Balneario. Ademais de que o Goberno local “foi incapaz de dar unha data de apertura escudándose en que dependen de terceiros”, o concelleiro resalta que “non se informou do presunto acordo cos concesionarios sobre a contía da indemnización, o que fai sospeitar que o asunto está bastante verde”. Igualmente, “tampopuco se garantiu que o futuro concesionario poidese asumir o pagamento da indemnización e do canon de mercado da concesión”, co que “tememos que os cidadáns teñan que pagar a incompetencia dos gobernos socialistas por ter feito un rescate chapuceiro”.


REXENERACIÓN EN PLENA TEMPADA DE PRAIA

En canto á rexeneración dos areais “é incrible que, despois de tantas promesas, a alcaldesa non sexa aínda quen de dicir cándo rematarán os traballos de achega da area”, apunta Pérez Arca, quen subliña a “mostra de xestión desastrosa” que supón que esa rexeneración teña lugar “en plena tempada de praia”. Así mesmo, “se é verdade que esta vez a area procederá do Miño, o Goberno tería que explicar por qué castigaron á praia do Preguntoiro a recibir area de canteira, cando prometeron o contrario”.

“Este goberno é o máis incompetente da historia de Vilagarcía”, indica o concelleiro popular, para quen o único que é capaz de facer o bipartito local “é quitar agora un coello da chisteira ao máis puro estilo ZP en forma de gran iniciativa para convertir Rosalía de Castro nun boulevard, dentro dun macroproyecto sobre o que en realidade non hai máis que ambigüedades”.

O responsable de Turismo do Grupo municipal do PP teme que “o macroproxecto para Rosalía de Castro anunciado a bombo e platillo sexa unha nova cortina de fume” e critica que Marcelino Abuín “teña a prepotencia de arrogarse o dereito de informar antes á prensa que aos membros da Corporación”.

Jesús Pérez Arca lamenta tamén que “por segundo ano consecutivo, Vilagarcía non conte con Bandeira Azul por culpa da incapacidade de xestión do bipartito local”.

No hay comentarios: