jueves, 21 de febrero de 2008

O RÍO BÚBAL É VISITADO POLA CONFEDERACIÓN HIDROGRÁFICA DO DUERO TRAS A DENUNCIA POR VERQUIDOS DE AUGAS RESIDUAIS

O río Búbal, pertencente ao concello de Monterrei, foi inspeccionado polos operarios da Confederación Hidrográfica do Duero, logo de detectarse os verquidos de residuais nas súas augas e que están a afectar gravemente ao entorno ecolóxico e fluvial da zona

Foi un veciño quen se achegou ao servizo xurídico gratuíto da asociación ecoloxista para denunciar o lamentable estado no que discorrían as augas do río Bubal, afluente do Támega, ao cal chegaba un regueiro artificial que transportaba as augas fecais cuxa orixe sinalouse, nun primeiro momento, ás instalacións de depuración de augas residuais que á altura do regueiro se atopan aínda que, segundo operarios da Confederación Hidrográfica, é cedo para determinar esta procedencia.

A orixe de dito verquido está sendo inspeccionada a día de hoxe polo personal competente da Confederación e polo Xefe de verquidos da mesma, segundo declararon esta misma mañá á asesora xurídica Montse Valencia, quen explicou que “dito personal da conca non quixo facer máis declaracións ata coñecer a procedencia exacta do verquido. Descoñecen tamén se se achegaron ao lugar, técnicos do concello de Monterrei ou da Consellería de Medio Ambiente”.

Do que non existe dúbida para a entidade ecoloxista é de que se están a producir graves danos ao ecosistema fluvial e á ribeira. Causa sensación de indignidade e de inseguridade que, somentes 3 días antes da detección do verquido, se anunciase publicamente no Boletín Oficial da Provincia de Ourense, o programa de “Adecuación hidrolóxica-ambiental do río Támega e os seus afluentes”, primando para o Organismo de Conca, a necesidade de levar a cabo a “restauración ecolóxica ambiental dos sotos fluviais dos ríos Búbal e Rubín, no termo municipal de Monterrei”. Este proxecto incluía a limpeza das marxes, a adecuación dunha zona de baño, a elevación dunha vía, entre outras. Nada máis lonxe da realidade, que a execución deste proxecto deberá levarse a bo fin antes do esperado pola Confederación e deberán buscarse e sancionarse aos culpables dun feito que linda os requisitos dun delito ecolóxico tipificado, polo tanto, polo Código Penal.

A contaminación fluvial do río Búbal non é un feito aillado nas augas galegas, senón que ao longo do ano recíbense varias denuncias realizadas por particulares no gabinete jurídico da asociación ecoloxísta. Denuncias que versan sobre a presenza de todo tipo de verquidos aos ríos.

No hay comentarios: