viernes, 3 de octubre de 2008

GECMA: Grupo de Ecología Científica de Galicia

G E C M A
GECMA: Grupo de Ecología Científica, Calidad de Vida y Medio Ambiente de Galicia

COMIENZA CON EL NOMBRE DE GEMA
El Grupo de Ecología GECMA apuesta por un modelo de crecimiento económico equilibrado y duradero que no ponga en peligro la renovación de los recursos. Esta asociación anteriormente se denominaba GEMA (Asociación de Ecología, Medio Ambiente, Calidad de Vida y Defensa del Patrimonio Histórico-Artístico) y empezó a funcionar en el año 1978.

1986 UN AÑO CLAVE: PASA A DENOMINARSE GECMA
El Grupo de Ecología Científica, Calidad de Vida y Medio Ambiente de Galicia "GECMA" fue creado por Nelly Pérez Giráldez en 1986, aunque se registró el día 2 de Enero de 1989 en el Ministerio del Interior con el número 84.143. Se constituye en la Comunidad Autónoma de Galicia, como una asociación sin ánimo de lucro. Se adaptó, el día 11 de enero de 2006, a la Ley Orgánica 1/2002, del 22 de marzo, reguladora del Derecho de Asociaciones.



PROPOSTAS 2005/2009: BREVE RESUMEN DONDE EXPOÑEMOS 30 MEDIDAS POLA CALIDADE DE VIDA E O DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE, EN ESPECIAL PARA A ZONA DO ÁREA METROPOLITANA OU QUE LLE AFECTE


1.- O GECMA propón o Pacto Cidadán pola Sostenibilidade que conxugue educación, concienciación e participación cidadá coa acción do goberno local, o desenvolvemento sostible e o medio ambiente.

2.- O GECMA propón a implantación dun centro de tratamento, reciclaxe e reutilización dos subproductos líquidos industriais, de magnitude suficiente para absorber a potencialidade industrial do Área Metropolitana, cun servizo de recolleita e transporte a medio de camións cisternas, creando un consorcio para a implantación e mantemento do mesmo.

3.- O GECMA acometerá un estudio propio, ou coparticipado, e propón a realización dun alcantarillado separativo das augas pluviais –este estudio realizarase sobre os núcleos necesarios e para aliviar as depuradoras-, (no que se incluirá as augas subterráneas e de fontes que agora están canalizadas aos colectores xerais e que non entren noutra proposta que se fai máis adiante, no punto 23 deste programa), aproveitando nunha primeira fase, por exemplo en Vigo, as canalizacións existentes, con vertido directo ao mar e ao río Lagares.

En canto ás novas conducións de augas fecais deben establecerse coa suficiente sección, pendente e hermeticidade co fin de aforrar enerxía e evitar sedimentacións e malos cheiros.

4.- O GECMA propón un Plan para a rexeneración, preservación e saneamento integral da Ría, que permita ter unha denominación de orixe para os seus produtos mariños e no que deberá contemplarse a sustitución dos emisarios submarinos por mecanismos de reutilización.

5.- Acadar a xestión global do ciclo da auga: abastecemento, augas residuais, augas libres...

6.- O GECMA propón un saneamento integral no que nin unha soa pinga de auga contaminada vaia aos ríos ou á Ría e para iso estudará a conveniencia de establecer pequenas depuradoras de augas fecais, ou pluviais, escalonadas nas respectivas vertentes, as cales de ser aconsellables, serán executadas baixo falso rasante dos montes e outras zonas non urbanizables, con reforestación ou axardinamento das súas cubertas. A auga depurada será aproveitada, vertida directamente ao mar, a os ríos según o concello, ou ao río Lagares, co cal alcánzase maior eficacia na evacuación do auga depurada e alixéirase a concentración establecida na EDAR actual, compensando dese modo o incremento das achegas que a edificabilidade do novo PGOM vai ha xerar. Sen menoscabo do estudio doutra gran macro depuradora (na actualidade está en estudio a constucción de outra ou a ampliación de actual no mesmo sitio do Lagares e outra na zona de Caldelas de Tui que abrangue os municipios de Salceda, Porriño, Mos, Ect.), que reúna os requisitos indispensables como: mecanismos de reutilización e a suficiente pendente, hermeticidade,...,no caso da do Lagares, do seu emisor submarino. (1) (Ver o final deste traballo base).

7.- Nas rúas de nova apertura, as instalacións de enerxía eléctrica, telecomunicacións, auga potable e gas cidade e demais suministros han de realizarse en galerías de servizos coas suficientes medidas de seguridade e control; sistema que será adoptado tamén na construción de novos aparcamentos subterráneos baixo as rúas, de tal forma que os cidadáns non sufran as constantes e continuas aperturas e levantamento de rúas e o concello non soporte os gastos, ou parte dos gastos, que comportan os cortes de tendidos eléctricos e doutros suministros, cando se fan as necesarias obras públicas.

8.- Habilitar canteiras esgotadas e puntos limpos para o reciclaxe, machaqueo e reutilización dos materiais inertes procedentes de obras menores da construción, tendo en conta a Lei de Residuos Sólidos. Á súa vez, esixiremos o cumprimento da normativa medioambiental a canteiras e explotacións de ceo aberto, así como a realización do saneamento e recuperación de vertedoiros para a súa reutilización. Por outro lado hai que habilitar lugares onde se poidan depositar e reciclar os materiais inertes de construción e outros para os residuos forestais, os cidadáns e as empresas, sobre todo da construción, hai que darlle posibilidades ónde depositar os residuos, se logo se lle quere esixir e sancionar. Outo tema importante e o de habilitar espazos, igual que para carga e descarga, para os contenedores de Residuos da construcción e similares. Estos espazos habilitaranse a través de permisos temporais mentre dure a obra de desescombro ou similar. En todo caso proiviranse a colocación de sacos con escombros nos espacios públicos, por razóns evidentes.

9.- O GECMA consciente da necesidade de auga potable para o futuro, apostará polo transvase do Oitaven-Verdugo e a incorporación do Río Miño, incluso estudando a posibilidade de incorporar un novo encoro debido a necesidade de auga para o futuro da Área Metropolitana e a necesaria adecuación de potibilización de auga ás necesidades de consumo l/s.

O GECMA pide a elaboración dunha ordenanza municipal que teña como obxectivo o aforro e maior eficiencia no uso de auga, así como o apoio a todas as iniciativas que supoñan novas tecnoloxías, instrumentos e mecanismos destinados a o incremento do aforro e a eficiencia do uso de auga no municipio. Tendo en conta a renovación, onde sexa necesario, da obsoleta e envellecida rede de auga, en moitas partes da cidade (punto 24).

O GECMA solicita que se propicie una maior coordinación entre, e cás, administracións competentes e as empresas concesionarias para minimizar as perdas de auga nas conducións e no abastecemento, priorizando a xestión da demanda, á depuración e á reutilización de augas residuais e pluviais. Neste sentido promoveremos campañas de educación e sensibilización cara a diminuír o uso de auga e na procura dunha mellor xestión, incluído os usos municipais.

10.- O GECMA aposta pola riqueza e medio ambiente forestal, no rural da cidade de Vigo e na súa Área Metropolitana, así como pola prevención de incendios, para iso habemos de apostar no medio ambiente rural, tanto no forestal como no agrícola, por un Banco de Terra e por un Fondo de Fomento Forestal (punto extraído do programa de medio ambiente, realizado por Tito Gómez Giráldez, do Congreso de Lugo 1980 e do de 1983) que permita ás persoas maiores, que quedan nese ámbito, ceder as súas terras ou montes e recibir a achega dunha cantidade fixa anual, segundo superficie aportada, con cargo a importe da liquidación da riqueza tallada no momento do seu apoxeo ou da riqueza xerada polo cultivo. Esta proposta, a parte da creación de postos técnicos creará man de obra nova no rural e por conseguinte rehabilitarase todo o medio.

11.- A rexeneración de chans e a reforestación planificada das áreas queimadas serán prioridades nas propostas do GECMA .

12.- Sendo conscientes da necesidade de portos deportivos ao longo da costa viguesa, o GECMA aposta por un número que sexa asumible e por portos que preserven o biótopo, non desvíen as mareas e salvagarden o aporte de larvas e areas ás praias. Desde a óptica do desenvolvemento sostible, e conscientes da necesidade de contar con portos deportivos, aproveitando as especiais condicións da nosa Ría, podemos aceptar a creación de portos deportivos e escolas deportivas náuticas, con celebración de probas marítimas a todos os niveis, potenciando o nivel internacional, requirindo medidas medioambientais tendentes á conservación e protección do medio. Debemos ter en conta que para protexer o medio é mellor desenvolver os portos deportivos con pantaláns de madeira, ou sobre pilastras, que preserven e aumenten o biótopo existente na zona e conserve as praias que poidan haber, de tal forma que sexa compatible o porto e deporte náutico coa conservación do ecosistema, impacto ambiental, visual e praias, no canto de aterramentos que inxustificadamente póidanse realizar.

13.- Puntos limpos na cidade de Vigo e noutros concellos como por exemplo Mos, nos que se debería ter en conta que se habilite tamén a recollida de cds, vídeos, dvds, …usados

GECMA pide a recollida e posterior traslado para a súa reciclaxe dos cds e dvds usados. Esta petición fundaméntase nos seguintes puntos:

Que na última década desenvolveuse de xeito espectacular o uso de materiais informáticos, incrementándose así mesmo o lixo deste tipo que é xerado.

Que entre os soportes de datos informáticos máis usados atópanse os cds e os dvds, refugándose cada ano millóns de unidades que van parar aos vertedoiros repartidos por toda a xeografía do noso país.

Que actualmente existen empresas que se dedican á recollida e reciclaxe destes soportes ópticos, que están compostos nun 99 % de policarbonato.

Que a normativa actual establece como competencia dos entes locais a recollida e o tratamento de residuos sólidos urbanos.

Considerando que é deber dos Concellos realizar as xestións para un adecuado tratamento dos residuos sólidos urbanos que se producen no municipio, pedimos que se adecúen os puntos para a recollida e destrución da información que conteñen estes soportes, co fin de que os cidadáns e as empresas poidan proceder ao seu depósito para o seu posterior traslado ás instalacións nas que se realice a súa reciclaxe

O GECMA, na Área Metropolitana de Vigo, é consciente de que a cidade e o seu ámbito de influencia, non conta con puntos limpos necesarios nalgunhas partes do rural. Pódese realizar un estudio técnico. En principio podemos adiantar: Que técnicos do Grupo de Ecoloxía Científica “GECMA”, con experiencia en sistemas de xestión de residuos, dinnos que sería conveniente situar os seguintes puntos limpos en canto a cidade de Vigo:

a) Zona do Seminario que cubriría parte de Bembrive, parte da Vagunda, parte de Cabral, parte de Sárdoma e Moledo.

b) Zona Tanatorio de Bembrive que cubriría a parte alta de Bembrive, parte alta de Cabral, Mexueiro e todo ese contorno.

c) Zona de Beade - As Carneiras que cubriría Beade, parte alta de Castrelos, Matamá e Valadares.

d) Zona de San Andrés, máis ou menos por onde está Vitrasa, que cubriría San Andrés, parte de Balaidos, Florida, Coruxo, parte de Matamá e parte de Coia.

e) Zona de Bouzas, cubriría a outra parte de Coia, Bouzas, Alcabre, Zona do Berbes e todas as rúas paralelas, a esa zona, ata o centro de Vigo.

f) Zona Centro, onde está a empacadora de lixos (Guixar), cubriría todo Teis e a zona centro de Vigo.

g) Zona Zamanes, dispón dunha canteira abandonada onde a parte da ubicación dun punto limpo pódese utilizar para o machaqueo e reutilización dos residuos inertes procedentes da construción.

h) Podería habilitarse un punto limpo móvil, que se iría situando nas distintas zonas da cidade, para facilitar a entrega, sobre todo para a entrega, deposito e retirada de enseres e electrodomésticos.

En canto a Mos, por poñer un exemplo, tendo en conta a grande extensión do seu territorio e a industrialización que soporta e ademais a previsión de máis parques industrias, creemos que necesita un mínimo de 4 puntos limpos:

A) Tendrá un no futuro polígono de A Veigadaña, os outros podrían ubicarse en:

B) A Rufana

C) Puxeiros

D) Sanguiñeda

Non son necesarios macropuntos como se suscitan noutras partes de Galicia. GECMA está en disposición de realizar unha formulación na que os concellos poderían por en funcionamento os seus puntos limpos sen os costos que nestes momentos fan que a meirande parte deles esten pechados. Esta nova formulación, entre outras cousas, trae consigo que a man de obra sería practicamente gratis, sen costos para o Concello e un valor de imaxe moi alto. O investimento sobre estes puntos, amén do terreo, oscilaría entre un 10 e un 20% dos custos que ten calquera outro punto dos proxectados polo anterior goberno da Xunta de Galicia. O GECMA aposta, ónde sexa posible, por reservar unha porcentaxe de empregos en cada punto para minusválidos que se encargarían da atención ao cliente.

O recolleito, e nos puntos ónde non se poida facer unha laboura integral, unha vez tratado nos puntos limpos, levaríase a uns terreos destinados para este menester nalgún polígono onde se efectuarían os labouras de: enfardar, clasificar e meter en liña de produción, é dicir reciclar e valorizar todo tipo de residuos.

14.- O GECMA pide que o Concello prevea a precaución, cautela e prevención como principio de xestión urbanística, coas medidas cautelares para a concesión ou suspensión de licenzas construtivas para certas áreas e actividades que causen degradación ambiental, nos casos de risco dun impacto previsible.

15.- O GECMA aposta por un consumo de recursos proporcionado ao crecemento poblacional previsto e as súas necesidades, incrementando as zonas verdes e evitando a destrución dos espazos ambientalmente valiosos, elaborándose un censo de zonas verdes de titularidade tanto pública como privada.

16.- O GECMA propón a realización dun estudio da paisaxe, profundo e completo, que contemple a incidencia de visibilidade global do territorio.

17.- O GECMA aposta pola protección da calidade atmosférica e acústica, así como a lumínica. O GECMA propón un estudio sobre a contribución directa e indirecta das emisións locais de gases de efecto invernadoiro no cambio climático global co fin da súa redución ou control. Por ejemplo en Vigo pódese solucionar o tema dos gases que se verten no Zondal e afrror moito diñeiro en Gasoleo.

O GECMA propón que se realice unha cartografía sonora co fin de delimitar as zonas sensibles acústicas e saturadas, así como as lumínicas, co fin de estudar as medidas preventivas e correctoras. Unha das primeiras medidas sería cambiar a normativa sobre superficies máximas nos pubs, discotecas, etc. A meirande parte dos ruidos prodúcense nas portas dos locais de música por que a normativa dí que se darán licencia os locais cun máximo de 250 ou 300 metros cadrados, polo que o facer un pequeno almacen, a barra, os servicios e catro mesas no local non caben máis de 20 persoas o que fai que moita xente colla a bebida e saia a rúa, ademáis de encarecer as copas. A proposta é que se cambie o máximo de 250- 300 metros cadrados por “MINIMO de 300 m2” desta forma tamen se faría unha selección natural o escasear este tipo de locais.

18.- Enerxía. O GECMA é consciente da necesidade de enerxías para o futuro: aposta polas enerxías renovables. As enerxías renovables outorgan a vantaxe dun menor impacto ambiental e son á súa vez fonte de riqueza e emprego e elemento fundamental de innovación, desenvolvemento tecnolóxico e competitividade. O GECMA aposta pola diversificación enerxética.

Polo momento non ofrece preocupación a dispoñibilidade de potencia eléctrica na cidade de Vigo, pero hai cortes e algúns problema en concellos limítrofes e na súa área. Non entanto quédanos o desenvolvemento da enerxía eólica, solar… e outras alternativas de menor rendemento.

Do mesmo xeito que a auga, o aforro da enerxía, sobre todo da que emite contaminación atmosférica - calefacción, automóbiles, .... - é necesario. O aforro debe facerse a través de políticas de concienciación, primando o aforro, posto que a enerxía menos contaminante é a que non se consome. A regulación da enerxía eléctrica require que se volva a poñer en vigor a lei do 94 que é a máis apta ca do 97 para o aforro enerxético marcado pola directiva europea.

Faise necesaria a implantación de unha Ordenanza Municipal de Captación Solar Térmica, co fin de implantar esta tecnoloxía en edificios de nova construción, así como edificios oficiais, completado cun Plan de Eficiencia Enerxética do alumeado público e sinalizacións viarias.

Hai que admitir que teremos que instalar xeradores eólicos, respectando os espazos emblemáticos e protexidos, ou solucionar o tema cá enerxía atómica, xa que a enerxía hidráulica dos ríos tocou teito fai tempo, polo que é necesario aplicar nos pantanos actuais medidas correctoras (escala permanente de peixes, bombeos con enerxía eólica nocturna -en horas valle-, etc.) para restablecer o ecosistema, primando os proxectos de maior resolución técnica e menor impacto medioambiental, cousa que non sucedía co anterior goberno da Xunta.

En definitiva, con vistas ao futuro, necesitamos apostar por unha enerxía renovable, limpa e de alto rendemento. O hidróxeno, a eólica, o aproveitamento do oleaxe, a solar e a de fusión, cando haxa tecnoloxía suficiente, entre outras, poden ser enerxías interesantes a potenciar. Ata algunha delas poden ser enerxías propias do área metropolitana viguesa, vendendo o excedente ás empresas que controlen a rede.

19.- Creación da Oficina Municipal do Defensor do Medio Ambiente, elaborándose unha memoria anual, así como un Consello Municipal de Medio Ambiente, participado por a Universidade, asociacións ecoloxistas e cidadáns relacionadas co medio ambiente, organizacións veciñais, …

20.- Propón a elaboración dun Plan Integral de Prevención de Inundacións.

21.- Conseguir para a área metropolitana de ser posible e como mínimo para Vigo a cualificación de Municipio sostible de Galicia, figurando a cidade na cabeza da protección medioambiental non só de Galicia, senón do resto de España.

22.- Reorientación da fiscalidade, mediante a incorporación de impostos ecolóxicos e beneficios e exencións fiscais a través das Ordenanzas Municipais reguladoras de tributos municipais, co fin de reducir o uso de sustancias perigosas e penalizar a xeración de residuos e as emisións contaminantes. Asemesmo, propoñemos un novo sistema de tarificación no consumo de auga potable que potencie o aforro.

23.- Elaboración dun Plan Municipal de Protección e Recuperación de Ríos, Augas Subterráneas, Fontes e Humedales. Nas fontes, sabendo da costume cidadá e aplicando o punto 26, terase en conta tanto as de auga potable como as de manantiales para utilidade de consumo, sinalizando a súa calidade e características.

24.- Estudar a posibilidade da elaboración dun Plan Integral de Abastecemento e Saneamento, o máis efectivo sería para a área, en todo caso (o PESIV está obsoleto) para todo o municipio de Vigo, así como un estudio do mesmo a nivel de área metropolitana.

25.- Fomento e incentivo do transporte público menos contamínante (tranvía, ferrocarril, metro lixeiro... ), tanto a nivel urbano como intermunicipal. Para o fomento do transporte colectivo por en marcha unha tarxeta que sirva para andar nos distintos transportes dentro e entre os distintos concellos da área metropolitana.

26.- Propoñemos a creación dunha Rede de Vixilancia da Calidade do Auga, tanto dos ríos como das augas costeiras, así como de protección de augas subterráneas, elaborando un Mapa municipal de todos os recursos acuíferos.

27.- O GECMA na súa aposta pola política urbana de desenvolvemento sostible e respecto ó medio ambiente, propón que o Concello de Vigo e os da área metropolitana realicen as bases e posta en marcha dun Plan de Estratexia local para a calidade do aire, incluíndose na “Red Española de Ciudades por el Clima”.

28.- O GECMA proporá o Concello e ás consellerías de Medio Ambiente e Educación o fomento e apoio a creación e desenvolvemento das Ecoescolas nos centros educativos da nosa cidade e dos concellos de área.

29.- Incorporar os pregos de condicións criterios e requisitos medioambientais, nos procesos de contratación.

30.- Incorporación de aparcadoiros de bicicletas nas prazas e espazos públicos, empezando pola Praza do Rei, de Vigo.


(1) NOTA: A Xunqueira do Lagares, como espazo físico, ten a función de absorber os excesos das escorrentías fluviais de ambas vertentes do río nas grandes avenidas, reducindo as devanditas ladeiras o seu poder de absorción a medida de que se impermeabilizan no imparable proceso urbanizador (rúas, beirarrúas, edificios, ...), co que as escorrentías increméntase nun menor tempo.

A redución do vaso da Xunqueira, o seu alteamento ou a instalación dunha esclusa ou outra obra allea - non suficientemente ben estudada-, carrexaría os efectos seguintes:

a) O aumento das sedimentacións dós arrastres das ladeiras no reducido espazo do estuario.

b) A formación dunha barra de area unindo as praias de Samíl e da Foz, tendencia contrastada cos ventos do norte e mar de fondo.

c) Inundacións en distintos puntos da cidade, especialmente en: San Andrés de Comesaña, Castrelos, San Miguel de Oia, Balaidos, Sárdoma, etc.

(*Como complemento o estuario, aconséllase tanques de tormenta nalgúns puntos da cidade).

Outro punto importante a ter en conta:

O estuario e a súa xunqueira, como ámbito ecolóxico, cumpre os seguintes fins:

a) O regular os excesos e carencias de fosfatos que o mar - neste caso a nosa ría - necesita para o seu constante equilibrio.

b) O mantemento dunha fauna e flora, en vías de desaparición, sendo a despensa das especies acuícolas ribeiregas, desde o camarón á solla, sargo, etc.

c) Existencia dun área de augas con determinado grado de salinidade, cuxa alteración, por exceso ou por defecto, producirá a desaparición deste biótopo.

Queda pois claro, con esta simple exposición, a necesidade dun estudio profundo que aposte pola recuperación integral do estuario e a súa compatibilidade con obra allea. PARA EVITAR A CONSTITUCIÓN DUN DELITO ECOLÓXICO.



Nelly Pérez Giráldez
Presidenta.

No hay comentarios: